Coidando ós nosos maiores
O Centro de Día SOUTOMAIORES é un proxecto creado con moita ilusión, paixón, cariño e respeto ás persoas maiores, baixo o lema “coidando ós nosos maiores”.
Inmerso na natureza, vexetación, no ámbito rural, con boas vías de comunicación e cunhas increíbles vistas ó val da zona.
O noso obxectivo principal é a atención integral e personalizada, creando un plan de actuación indivudializado en función das súas necesidades, para así obte-lo máximo nivel de calidade e realiza-la xestión coa mellor eficiencia, integrando ós profesionais do centro, ás familias e/ou coidadores e servizos sociais do área; co fin de ofrecer un servizo á poboación que mellore a súa calidade de vida, promova a súa autonomía e saúde e preveña a enfermidade ou limite o avance da mesma.
Cumprimenta o seguinte formulario e concerta una visita ó centro.