O centro está formado por unha construcción dunha planta baixa de 250 m2, con aparcamento e cun xardín exterior de máis de 500 m2, neste espazo exterior contamos cun gran estanque e integramos prantas e árbores cun sendeiro para realizar paseos diarios; zona verde e de cultivo onde os nosos usuarios poderán cultivar diferentes vexetais, disfrutar da natureza do entorno e realizar actividades exteriores.
Con autorización para 48 usuarios, contamos cun espazo aberto, para poder manter contacto visual en todo momento cos nosos usuarios, a distribución das diferentes estancias para poder realizar os nosos servizos:
- Office.
- Dirección.
- 3 baños adaptados.
- Sala sanitaria.
- Sala polivalente.
- Zona de rehabilitación.
- Almacén.